jueves, 8 de octubre de 2009

UNHA NOVA ANDAINA

Una ano máis estamos de volta, unha vez cargadas as pilas no verán. Como todos os comezos dun novo curso estamos cargados de ilusións e desexos de facer as cousas mellor.
Temos ganas de volver a ver aos nosos/as compañeiros/as do curso pasado, así como dar a benvida aos novos. Este ano contamos entre nós catro caras novas: Sergio Fraga, Paula Baamonde, Nicole Béjar e Carla Franco. Acollémolos cos brazos abertos e desexosos que se integren no noso grupo o antes posible e que a bocanada de aire fresco que nos tran nos sirva de estímulo.

Como vedes nas seguintes fotos empezamos con ganas esta nova singladura, esperemos que nos duren.




Tamén quero facer o propósito de dinamizar máis este blog como foro de participación para todos os que se interesen polo noso traballo e as nosas iniciativas.
Ánimo e benvidos.

sábado, 21 de febrero de 2009

Entroido pirata no Monte Caxado

Seguindo coa nosa teima de manter as nosas tradicións, traballamos un ano máis para facer os nosos disfraces con moita ilusión, e celebrar unha das festas máis populares na nos Galicia. Despois de facer na clase todos os preparativos cortando, pintando, e na casa as mamás cosendo chegou pro fin o gran día de lucir os nosos traballos. Aí tedes o resultado.

E aproveitando o bo tempo, que menos que lucir o noso traballo polas rúas da nosa vila.


Despois do paseo participamos no remate de festa no pavillón do colexio, executando un movido e entretido baile.




Despois de tanta movida ao final necesitamos algo de repouso.


.
Agardo que pasedes estas datas tan tardicionais con moita forza e entusiasmo e carguedes as pilas para a volta. Ollo cos freixós e mais as orellas!

miércoles, 21 de enero de 2009

O Nadal no cole

Coma tódolos anos ao chegar o inverno, remata o primeiro trimestre de clase, e con el chegan as vacacións de Nadal. E no cole para celebralo facemos unha festa na que cantamos panxoliñas e tamén amosamos as nosas primeiras escaramuzas co teatro. Este ano representamos Un nacemento especial, aí vos van unhas fotos.





Tamén nos podedes ver coa nosa particular homenaxe a estas datas cantando un rap popurrí de panxoliñas tradicionais.




E aínda que un pouco tarde, por problemas de loxística, querémosvos desexar un venturoso ano 2009.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Plantación de outono

Seguindo co noso afán de protexer e coidar o medio ambiente, realizamos, dentro das actividades programadas pola AMA do colexio, unha plantación de landras, que recollimos no parque de A Fraga, para seguir aumentando a nosa provisión de especies arbóreas autóctonas, e logo plantalas na nosa Aula de Natureza do Bañal, cando teñan medrado dabondo. Como podedes ver levamos a cabo esta actividade con moito entusiasmo e interese.

Dentro desta labor formativa tamén faremos unha plantación de bulbos dentro da aula, en briks, que previamente decoraremos na clase de plástica. Desde aquí queremos animarvos a todos/as a que fagades un esforzo á hora de adquirir hábitos saudables e ecolóxicos, tanto no tratamento do lixo, reciclando a maior cantidade de refugallos posible, como no respecto pola natureza. Nós estamos dispostos a seguir traballando neste eido para acadar un mundo mellor e con futuro.

viernes, 7 de noviembre de 2008

O magosto no Monte Caxado

O venres, día 7 de novembro, coma todos os anos celebramos o magosto en compañía dos/das nenos/as de E. Infantil e E. Primaria. Comemos as castañas coas que nos agasallou a ANPA do cole. Sentimos que non estiveran hoxe con nós nin Manuel nin Alba, que estan enfermos, dende aquí desexámoslles unha pronta recuperación.


E despois participamos no desenvolvemento de varios xogos populares, no patio. Organizados por Pablo o profe de E. Física, participamos primeiro nunha carreira de sacos por relevos, onde a pesares dos tropezóns, rematamos todos enteiros.



Ao rematar a carreira de sacos, xogamos unha disputadísima partida de brilé, nenos contra nenas, na que os lances do xogo foron a mar de divertidos.

Unha vez rematada tan disputada competición de brilé, fomos comprobar o noso nivel de forza na proba de tiro de corda, na que o pasamos de marabilla.


Na seguinte estación agardábanos Pablo co paracaídas, nesta proba puxemos de manifesto a nosa habilidade, ademais tivemos ata tempo de contar algún chiste.


Para rematar unha mañá tan festiva, probamos a nosa pericia subidos nos zancos, habilidade que, como podedes ver aínda é claramente mellorable, pero a boas intencións e esforzo non nos gaña ninguén.

Ben unha vez rematada esta sesión de cultura popular na que mesturamos tanto o aspecto culinario coma o lúdico, damos por finalizada a celebración do Magosto deste ano no Monte Caxado.

jueves, 30 de octubre de 2008

Nós tamén celebramos o Samaín

Como é tradicional por estas datas, tentamos manter viva a tradición, que se remonta a tempos nos que Galiza estaba habitada polas tribus celtas, como é o Samaín, que coincide hoxendía coa festividade dos defuntos. Nós tomando como referente a cultura popular, aportamos o noso gran de area tallando as cabazas a xeito de caveiras, tal e como facían os nosos antergos. Para mostra delo aí tedes probas do interese co que participamos vaciando as cabazas e facéndolles os ollos, o nariz e mais a boca. Esta festa está emparentada moi de preto co Halloween, daí a relación que poderedes ver na seguinte montaxe fotográfica.

lunes, 27 de octubre de 2008

Practicamos deporte en plena natureza

O pasado día 22 de outubro os/as nenos/as de 3º participamos nunha proba de campo a través, organizada dentro da Campaña de Deporte en Idade escolar, xunto cos nosos/as compañeiros/as de 4º, 5º e 6º. Nesta xornada convivimos con nenos/as dos colexios Santa María e a Fraga. Ao remate tomamos un refrixerio. Foi unha xornada moi divertida e saudable, que estamos dispostos a repetir.