miércoles, 18 de mayo de 2011

O noso segundo dia en Almazan

Ben xa estamos instalados, despois de superar os nervos da primeira noite, amancemos en Almazan con moita fame como podedes ver nas fotos atacamos ao almorzo con moito entusiasmo. Despois do almorzo marchamos a Ambrona, onde vimos o Museo Paleontoloxico,onde vimos unha replica en tamaño natural dun mamut, asi como os fosiles de varios animais.
Despois fomos ata Medinaceli, onde fixemos unha xincana para coñecer ben este enclave historico.
Xa pola tarde no compaña de Toño coñecemos un pouco mais de Almazan,para rematar a tarde cunha sesion de baño na piscina climatizada.A continuacion pasamos aamosarvos algunhas das fotos feitas. Agardamos que vos gusten.
Dicirvos tamen que como e preceptivo hoxe ensinamos o noso pobo aos nosos amigos murcianos e cordobeses e o que mais lles chamou a atencio e a cantidade de auga que temos. E unha sorte asi que debemos coidar o noso rio.

1 comentario:

Loli Prieto dijo...

O da piscina está moi ben, pero eu non son quen de ver as fotos deste slide.Bicos.