viernes, 21 de noviembre de 2008

Plantación de outono

Seguindo co noso afán de protexer e coidar o medio ambiente, realizamos, dentro das actividades programadas pola AMA do colexio, unha plantación de landras, que recollimos no parque de A Fraga, para seguir aumentando a nosa provisión de especies arbóreas autóctonas, e logo plantalas na nosa Aula de Natureza do Bañal, cando teñan medrado dabondo. Como podedes ver levamos a cabo esta actividade con moito entusiasmo e interese.

Dentro desta labor formativa tamén faremos unha plantación de bulbos dentro da aula, en briks, que previamente decoraremos na clase de plástica. Desde aquí queremos animarvos a todos/as a que fagades un esforzo á hora de adquirir hábitos saudables e ecolóxicos, tanto no tratamento do lixo, reciclando a maior cantidade de refugallos posible, como no respecto pola natureza. Nós estamos dispostos a seguir traballando neste eido para acadar un mundo mellor e con futuro.

1 comentario:

Fina Blanco Antelo dijo...

Dá gusto ver como traballan polo ben do medio ambiente, que tamén será polo seu propio ben.É bonito ver sementar unha semente e logo ir seguindo todo o seu proceso. Ánimo a Paco e a súa clase. Seguide así.