sábado, 21 de mayo de 2011

Un dia mais e xa quedan menos

Pouco a pouco imos queimando etapas, hoxe foi a penultima aqui por terras de Soria.
A verdade e que xa empezamos a ver o fin e temos unha mestura de sentimentos
( morriña por un lado, e pena por outro) pero ben antes de rematar seguimos acumulando experiencias nunha terra de sorpresas, que nin imaxinabamos.
Hoxe visitamos seguindo viaxe no tempo, Calatañazor, onde segundo a lenda Almanzor perdeu o tambor.
Seguimos viaxe ata o Burgo de Osma, onde ademais de visitar esta xoia, aproveitamos para facer compras.
E pola tarde para rematar fomos coñecer o parque natural do Cañon do rio Lobos,onde observamos a arquitectura da natureza, labrando uns riscos dignos dos mellores arquitectos, asemade poidemos observar en vivo e en directo o vo dos voitres. Enormes e espectaculares. Como podedes ver estamos acumulando cousas para contarvos durante varios dias. Ai vos quedan a sfotos, disfrutadeas, coma nos disfrutamos da viaxe.

2 comentarios:

Teachers dijo...

Encántame ver que o estades pasando xenial, xa tedes moito que contarnos ao voso regreso. Un bico enorme para todos...

Fina Blanco Antelo dijo...

Entereime o venres, por Eyob,que tiñas entradas no blog sobre a viaxe.
Ata hoxe non puiden entrar e atopeime cunha grata sorpresa.
Quedei sorprendida pola fermosura dos lugares que estades visitando. Quero mandar a miña felicitación ao profe Paco polo seguemento tan exhaustivo que está a facer desta atractiva viaxe. Aos nenos e nenas de 5º que participan da mesma mandarlles unha aperta.
Seguide a disfrutar destes días e xa nos contaredes cando voltedes.