domingo, 22 de mayo de 2011

Chegou o remate

Despois de seis dias fora da casa, percorrendo estas sorprendentes terras de Soria, chegou o momento de voltar ao punto de partida, e dicir a casa. Pero antes de partires ainda tivemos tempo de facer as ultimas actividades. Pola maña descargamos bastante adrenalina practicando tirolina nun parque de aventura, ademais de ver a importancia que teñen en Soria os inmensos bosques de piñeiros, aprendendo moito da sua ordenacion e explotacion. Pola tarde para rematar as actividades destas escolas viaxeiras visitamos o entorno natural da Laguna Negra, espectacular no entorno do proximo nacemento do rio Duero. Para rematar o dia fixose entrega dos agasallos preparados por cada grupo e iniciamos a despedida. Imos ver algunha das fotos do dia.

sábado, 21 de mayo de 2011

Un dia mais e xa quedan menos

Pouco a pouco imos queimando etapas, hoxe foi a penultima aqui por terras de Soria.
A verdade e que xa empezamos a ver o fin e temos unha mestura de sentimentos
( morriña por un lado, e pena por outro) pero ben antes de rematar seguimos acumulando experiencias nunha terra de sorpresas, que nin imaxinabamos.
Hoxe visitamos seguindo viaxe no tempo, Calatañazor, onde segundo a lenda Almanzor perdeu o tambor.
Seguimos viaxe ata o Burgo de Osma, onde ademais de visitar esta xoia, aproveitamos para facer compras.
E pola tarde para rematar fomos coñecer o parque natural do Cañon do rio Lobos,onde observamos a arquitectura da natureza, labrando uns riscos dignos dos mellores arquitectos, asemade poidemos observar en vivo e en directo o vo dos voitres. Enormes e espectaculares. Como podedes ver estamos acumulando cousas para contarvos durante varios dias. Ai vos quedan a sfotos, disfrutadeas, coma nos disfrutamos da viaxe.

Cuarto dia por Terras de Castela

Seguimos avanzando no tempo e na experiencia destas Escolas Viaxeiras, tendo en conta que nos atopamos nunha provincia que posue un patrimonio historico e cultural que e enorme, cada dia atopamos un novo lugar que nos sorprende mais. Ao longo do venres, visitamos os arcos do mosteiro de San Juan de Duero, da orden de San Juan de Jerusalen, escoitamos a lenda do Monte das Animas de Becquer, que se atopa na parte superior deste mosteiro. Logo visitamos a ermida de San Saturio, construida sobre unha gruta natural,visitando a continuacion a cidade de Soria. Despois de xantar,volvemos atras no tempo e recreamos os tempos da invasion romana da cidade de Numancia. Testemuña destas visitas son as fotos que vos amosamos a continuacion.

viernes, 20 de mayo de 2011

Por aqui seguimos

Despois duns pequenos problemas de infaresturas co ADSL volvemos a estar operativos e seguimos mandandovos testemuñas de que non perecemos. Imos resistindo, ainda que as veces entranos algunha morriña, pero imolo superando sen problemas, como veredes nas fotos isto e do mais interesante. Movemonos como un grupo homoxeneo percorrendo Soria coma se fosemos o Cid. Visitamos Berlanga de Duero e sentimonos cabaleiros no seu castelo, visitamos un obradoiro de alfareria en Tajueco. Como vedes non paramos un segundo, asi claro despois durmimos coma lirons. Seguiremos informando.

miércoles, 18 de mayo de 2011

O noso segundo dia en Almazan

Ben xa estamos instalados, despois de superar os nervos da primeira noite, amancemos en Almazan con moita fame como podedes ver nas fotos atacamos ao almorzo con moito entusiasmo. Despois do almorzo marchamos a Ambrona, onde vimos o Museo Paleontoloxico,onde vimos unha replica en tamaño natural dun mamut, asi como os fosiles de varios animais.
Despois fomos ata Medinaceli, onde fixemos unha xincana para coñecer ben este enclave historico.
Xa pola tarde no compaña de Toño coñecemos un pouco mais de Almazan,para rematar a tarde cunha sesion de baño na piscina climatizada.A continuacion pasamos aamosarvos algunhas das fotos feitas. Agardamos que vos gusten.
Dicirvos tamen que como e preceptivo hoxe ensinamos o noso pobo aos nosos amigos murcianos e cordobeses e o que mais lles chamou a atencio e a cantidade de auga que temos. E unha sorte asi que debemos coidar o noso rio.

martes, 17 de mayo de 2011

CHEGOU O GRAN DIA

Por fin chegou o gran dia, despois dunha noite en tension e un despertar nervioso e con ansiedade, xa estamos preparados para arrincar.
A continuacion imos ver as fotos do nos primeiro dia de viaxe, esperamos que vos gusten, a verdade e que a viaxe promete.

Seguiremos estando en contacto visual convosco.
Como vedes isto promete asi que xa vos contaremos.

lunes, 11 de abril de 2011

Webquest: Coñecendo Soria

Como sabedes o día 17 de maio partimos cara Soria, para participar no Programa das Escolas Viaxeiras que este ano nos adxudicou esa provincia. Para coñecer un pouco máis dela aquí tedes una Webquest para traballar e profundar algo máis no seu coñecemento.

Preme aquí

lunes, 7 de marzo de 2011

Viva o Entroido!

Xa chegaron coma todos os anos estas datas tan cargadas de tradición. Nós non deixamos de festexalas, como no facendo e lucindo os nosos disfraces. este ano homenaxeamos o tan querido pobo mexicano e aí estamos caraterizados de Panchos e Lupitas.
Despois de comer os freixós doados polo Concello e as orellas, coas que nos obsequiou a ANPA,con moito afán e esmero partcipamos nun baile típico mexicano pasámolo moi ben aí tedes unhas fotos que así o demostran.

lunes, 28 de febrero de 2011

POSTA EN MARCHA O PROXECTO ABALAR

O pasado día 17 deste mes, por fin iniciamos a andaina neste novo proxecto. A pesares de que todavía temos un ultraportátil que ten problemas de conexión á wifi de Abalar.
Comezamos con moita ilusión, esperemos que nos dure moito tempo. Para iniciarnos aproveitamos as actividades on-line que atopamos na internet, para traballar o tema do relevo de España e de Galiza. Ademais apoiamos o traballo no ultraportátil co soporte da pizarra dixital interactiva. O resultado foi gratificante xa que as actividades resultaron do máis interesantes.
Aí vos van unhas fotos da nosa aula ABALAR de 5º.

lunes, 21 de febrero de 2011

Despois de moito tempo volvemos a estar aquí. A ver se desta vez non tardamos tanto tempo en actualizar o noso blog.
Este curso vimos con moitas novidades: Espazo Abalar, Escolas Viaxeiras...
Como xa sabedes este ano imos participar no programa Escolas Viaxeiras, farémolo na ruta de Soria, que a principio pode sonar pouco atractiva pero que polo que me contaron é moi interesante. A saída será o 17 de maio e regresaremos o 23. Irei dándovos máis información a medida que vaia chegando o día.