jueves, 30 de octubre de 2008

Nós tamén celebramos o Samaín

Como é tradicional por estas datas, tentamos manter viva a tradición, que se remonta a tempos nos que Galiza estaba habitada polas tribus celtas, como é o Samaín, que coincide hoxendía coa festividade dos defuntos. Nós tomando como referente a cultura popular, aportamos o noso gran de area tallando as cabazas a xeito de caveiras, tal e como facían os nosos antergos. Para mostra delo aí tedes probas do interese co que participamos vaciando as cabazas e facéndolles os ollos, o nariz e mais a boca. Esta festa está emparentada moi de preto co Halloween, daí a relación que poderedes ver na seguinte montaxe fotográfica.

4 comentarios:

Loli Prieto dijo...

Bueno Paco.Isto está moi chulo. Xa vexo que tas feito todo un blogueiro. Seguro que aos nen@s ,papás e mamás lles vai encantar cando o vexan. Traballastes moito.Noraboa.

Cris dijo...

Eu teño que dicir que non sabía que foras tí, Paco, quen fixera o blogue, que como o ano pasado non fixeras, non tiña por obra túa. Noraboa!!! e aproveito para mandarvos unha aperta a ti e aos teus pupilos.Cristina Sanmartín

Francisco Pico dijo...

Cris, dame gusto ver que te acordas do teu compa de ciclo, como ves un pode facer todo aquilo que se propón, se tén ilusión e ti sabes que eu cando me ilusiono con algo son coma una rapaz con zapatos novos. Unha apertas moi grande.

olga dijo...

Ola Paco!
Descubro hoxe o voso blog de 3º, e aproveito para darvos a noraboa polo blog. Que sigades moito tempo con esta 'aventura' na rede!

Olga.