sábado, 21 de mayo de 2011

Cuarto dia por Terras de Castela

Seguimos avanzando no tempo e na experiencia destas Escolas Viaxeiras, tendo en conta que nos atopamos nunha provincia que posue un patrimonio historico e cultural que e enorme, cada dia atopamos un novo lugar que nos sorprende mais. Ao longo do venres, visitamos os arcos do mosteiro de San Juan de Duero, da orden de San Juan de Jerusalen, escoitamos a lenda do Monte das Animas de Becquer, que se atopa na parte superior deste mosteiro. Logo visitamos a ermida de San Saturio, construida sobre unha gruta natural,visitando a continuacion a cidade de Soria. Despois de xantar,volvemos atras no tempo e recreamos os tempos da invasion romana da cidade de Numancia. Testemuña destas visitas son as fotos que vos amosamos a continuacion.

3 comentarios:

ana dijo...

vaia fotos máis chulas,o sitio é precioso van ter uns recordos moi bonitos ademáis da experiencia que lles fai moi ben,bicos a todos en especial a cazás.

Jenel dijo...

Mmmm... qué envidia nos estades dando!! Vaia sitios mais chulos!! A seguir pasándoo ben e moitos bicos da familia Vérez-Rodríguez!

Ángeles. dijo...

Encántame ver as fotos xa que así podemos seguir toda a vosa ruta. Bicos.