lunes, 21 de febrero de 2011

Despois de moito tempo volvemos a estar aquí. A ver se desta vez non tardamos tanto tempo en actualizar o noso blog.
Este curso vimos con moitas novidades: Espazo Abalar, Escolas Viaxeiras...
Como xa sabedes este ano imos participar no programa Escolas Viaxeiras, farémolo na ruta de Soria, que a principio pode sonar pouco atractiva pero que polo que me contaron é moi interesante. A saída será o 17 de maio e regresaremos o 23. Irei dándovos máis información a medida que vaia chegando o día.

No hay comentarios: