lunes, 28 de febrero de 2011

POSTA EN MARCHA O PROXECTO ABALAR

O pasado día 17 deste mes, por fin iniciamos a andaina neste novo proxecto. A pesares de que todavía temos un ultraportátil que ten problemas de conexión á wifi de Abalar.
Comezamos con moita ilusión, esperemos que nos dure moito tempo. Para iniciarnos aproveitamos as actividades on-line que atopamos na internet, para traballar o tema do relevo de España e de Galiza. Ademais apoiamos o traballo no ultraportátil co soporte da pizarra dixital interactiva. O resultado foi gratificante xa que as actividades resultaron do máis interesantes.
Aí vos van unhas fotos da nosa aula ABALAR de 5º.

1 comentario:

Loli Prieto dijo...

Pois a min encantoume.Xa me gustaría a min ter todos eses ordenadores e poder traballar sen libros. Que divertido. Espero que lle saquedes moito proveito.Un saúdo.